Descripción
A avoa Matilde é boa, alegre e agarimosa
con todos. Entón, por que hai xente que a mira con ollos tristes?
Esta historia mostra aos máis pequenos que ter un físico diferente non é negativo, porque o
importante está no interior. Ademais de transmitir valores, ensina os días da semana e as cores
básicas. Un conto didáctico e práctico para traballar diferentes aspectos.
Unha historia cargada da empatía e o amor dunha neta pola súa avoa.